Equipo diverso

Somos un equipo multidisciplinar formado por divulgadores e educadores especializados en pedagoxía, arte, ciencia, tecnoloxía, circo, danza...

Educación única

Defendemos unha metodoloxía centrada na exploración e o autodescubrimento, a través das habilidades de cada persoa. Un ambiente idóneo para o desenvolvemento persoal e grupal.

Un equilibro perfecto

Unimos arte, expresión e tecnoloxía para conseguir un equilibrio entre creatividade e técnica para favorecer o nacemento de ideas novas e proxectos disruptivos.

Un espazo para todos

Propoñemos un espazo adaptado que ofrece diversas actividades baseadas no proceso creativo, pensamento crítico, dinámicas de aprendizaxe colaborativa e diversión sen límite.🤸

Próximo taller:

Crea tu propio videojuego con Scratch

12/12/2020 17:00, totalmente online.

¡Inscribirse gratuitamente!

¡Benvido a _faiLab!

Benvido a un espazo que promove a innovación, a creatividade, a colaboración e o interese para descubrir a ciencia, a arte e a tecnoloxía a través de proxectos transversais.

Perseguimos procesos que fomenten o potencial creativo de cada participante sexa cal for o obxectivo final, mediante un uso crítico e creativo das tecnoloxías, da información e comunicación.

¿Que ofrecemos?

Acompañamos nos procesos de aprendizaxe a cada persoa para realzar o seu desenvolvemento individual e en grupo. A través dos medios de expresión artística fomentamos a comunicación, escóitaa e o autocoñecemento. Organizar a información, clasificala e compartila.

Os nenos e as nenas nun ambiente favorable conectan e comparten chegando a desenvolver proxectos de gran impacto e disrupción.

Estades preparados? Complementa o modelo educativo e desenvolve o teu talento coas nosas actividades e profesores.

Ready? Play ON, say YES!

Que é _faiLab?

¡Ver en castellano!

_faiLab é un laboratorio creativo para nenos e nenas que expón actividades artísticas e tecnolóxicas.

_faiLab é un espazo deseñado para a reflexión, creación e traballo en equipo practicando o que máis lles gusta: circo, programación, cinema, impresión 3D, robótica, danza...

Cada actividade de _faiLab está deseñada para favorecer o desenvolvemento grupal e individual, permitindo a práctica desde o primeiro día.

Ademáis, en _faiLab enfrentámonos ó covid ofrecendo as nosas actividades tamén online.

Matrículas abertas, Inscríbete aquí!

Ferramentas dixitais artísticas e educativas

Pedagoxías creativas

_faiLab: un espazo para xogar e aprender

Comunidade creativa de deseño

Habilidades transversais e soft skills

Educación inclusiva e accesible

Unha clase non ten por que ser aburrida 🤖

En _faiLab ademais de aprender tamén nolo pasamos en grande.

Os nosos profesores

Cada un dos nosos alumnos e alumnas é único. Os nosos profesores, tamén.

João Alvim E Araújo

Rubén Espino

Teleco, maker, pai de gatos e gaiteiro en proxecto. Os robots de carreiras son os meus xoguetes favoritos.

Ignacio Hernández

Son ilustrador especializado en infantil e xuvenil. Ensinar de forma divertida é a miña prioridade.

Cristina Posada

Teleco de profesión e corazón. Encántame facer fotos e xogo ao tenis cando acabo a xornada cos drons.

Rosalía Quinteiro

Práctica, perfecionista, decidida e aventureira. Encántame axudar aos demais.

Jordi R. Crespo

Orgulloso pai dunha nena, Maker, emocionado de aprender a xogar con proxectos de hardware de código aberto.

Lorena Serrano

Deseñadora e coordinadora de proxectos de divulgación para nenos e familias. Adoito levar papel de bocetar, purpurina e un lapis afiado encima, a non ser que os meus fillos collérono sen avisar.

Franco Tedesco

Técnico en audiovisuais, director de cinema e editor. Profesor especializado en escoita activa. Un experto en facer spoilers dos comezos das películas. E o único que lembra en branco e negro e soña en fóra de foco.

Jorge Turiel

Son maker, e non quero nin podo evitalo. Os robots e eu falamos o mesmo idioma desde hai 20 anos.

Javier Vila

Argalleiro por natureza, autodidacta acérrimo e divulgador constante. Se funciona, toca ata rompelo para logo facelo funcionar mellor que antes.

As nosas actividades

_Lab Robótica

Horario: Xoves 18:30 - 20:00

Desde un pequeno circuíto ata complexos robots siguelíneas, descubriremos en que consiste a robótica mentres nós mesmos aprendemos e desenvolvemos un. Quen sabe, poderiamos chegar a facer un robot que nos faga os deberes!

_Lab de Cine

Horario: Xoves 18:30 - 20:00

Esta actividade céntrase en coñecer as distintas fases e roles dunha rodaxe realizando unha curtametraxe. Propoñemos a práctica con son, iluminación, dirección...

_Lab Ilustración

Horario: Venres 16:30 - 20:30

Iniciarémonos no mundo do debuxo e da cor. Usaremos desde técnicas tradicionais (grafito, tinta, acuarela...) ata técnicas dixitais. Exploraremos diferentes estilos como a liña clara, o manga, o naif... todo de forma natural e segundo os gustos e preferencias de cada un.

_Lab Programación

Horario: Martes 18:30 - 20:00

Un xoguete, un videoxogo, un coche, un microondas, un móbil... A programación está en todas partes hoxe en día, e aínda que pareza místico e afastado, en realidade programar é moi fácil. Ademais, programar axuda a pensar dunha maneira diferente, máis analítica, que permite resolver e atacar problemas complexos en case todos os ámbitos da vida.

_Lab Electrónica

Horario: Mércores 18:30 - 20:00

Aprenderemos aos poucos os segredos da electricidade e electrónica, desde pequenos circuítos para acender unha lámpada ata complicadas creacións con todo tipo de compoñentes electrónicos. Mentres aprendemos a teoría iremos descubrindo e aplicando con prácticas e circuítos reais que nós mesmos faremos.

_Lab Fotografía

Horario: Luns 18:30 - 20:00

A fotografía fomenta o contacto co mundo icónico a través da interpretación lúdica e reflexiva das mensaxes visuais, contribúe a centrar a atención, concentración e agudiza a mirada vendo máis aló do evidente.

_Lab de Circo

Horario: Mércores 17:00 - 20:00

_makerLab e _artLab

Horario: Sábado 10:00 - 14:00

Un espazo divulgativo sobre arte e ciencia con contido adaptado para todos os públicos e idades. Unha maneira divertida e creativa de pasar unha mañá de sábado!

_faiLab en cifras

0 Profesores
0 Sorrisos
0 e unha ideas
0 Robots descontrolados

¡Falemos!

Se non che quedou clara algunha cousa ou che gustaría vir coñecernos, déixanos aquí unha mensaxe!